Udarregi

Atópase ante a escultura en homenaxe a Udarregi. Esta escultura é unha obra conmemorativa do versolari Juan Jose Alkain "Udarregi" nacido o ano 1829 no caserío Uztaetaburu de Aia e que pasou a súa vida en Usurbil. Aínda que creaba e improvisaba versos, era un vascoparlante sen alfabetizar. Isto non lle impediu participar na produción cultural vasca do seu tempo. Inventou unha técnica para lembrar os versos que creaba, valéndose dun código composto por raias que unicamente el era capaz de comprender. Nesta escultura recóllese un dos seus escritos conservados na parede do caserío Artikulaaundi.

Escultura en homenaxe a Udarregi
Escultura en homenaxe a Udarregi

Esta escultura foi colocada en maio do ano 1966 con motivo da festa organizada en Usurbil en recordo deste versolari. Trátase dunha obra realizada por Remigio Mendiburu, un dos principais representantes da escola de escultura vasca contemporánea. Aínda que a madeira sexa o material máis utilizado por este artista, esta peza mostra que tamén a pedra e o metal teñen un lugar na súa obra.

O ano en que se realizou a homenaxe a Udarregi, Euskal Herria atopábase baixo o franquismo e a cultura vasca estaba totalmente oprimida. Así as cousas, as trabas para a organización de actos culturais eran enormes. A homenaxe a Udarregi serviu de pretexto para a organización dunha festa que reuniu diversas actividades vascas. Foi a primeira vez que se organizou un acto destas características e supuxo un respiro en pleno franquismo.

O día da festa
O día da festa

 

A homenaxe a Udarregi foi un punto de encontro para numerosos artistas e creadores vascos, entre eles o propio Remigio Mendiburu, autor da escultura, e Jorge Oteiza, autor de Quosque Tandem, obra imprescindible no empeño pola renovación de toda a cultura vasca. Máis aló do traballo individual, coñecedores da importancia do traballo en equipo, estes dous artistas formaron parte do grupo Gaur.

by

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>