A sidra

Estamos fronte ao monumento á sidra. Trátase dunha obra do escultor lasartearra Gotzon Huegun. A escultura instalada nesta placita en 2007 une tres elementos relacionados coa sidra: a mazá, a botella e o vaso.

Monumento á sidra
Monumento á sidra

A sidra tivo unha importancia extraordinaria en Buruntzaldea, pero tamén en toda Gipuzkoa. Esta bebida feita co mollo da mazá ten profundas raíces na cultura e sociedade vascas e está relacionada coa importante historia marítima vasca. Usurbil é un pobo situado a beiras do río Oria e este río foi un importante núcleo na historia da construción naval vasca. De aí saíron moitos dos barcos do tempo en que os vascos fomos unha potencia marítima. Os vascos temos unha rica historia marítima, pero quizais non sería tan rica de non ser pola sidra. En efecto, ao ser a sidra a principal bebida entre as tripulacións vascas, estes últimos anos desenvolveuse a hipótese de que podería servir para evitar o escorbuto.

Deixando ao carón as hipóteses, resulta innegable a importancia que a produción de sidra tivo en Gipuzkoa. O versolari Udarregi mostrou perfectamente a relación entre a sidra e os usurbildarras:

Asiera eman du
Pello Errotariyak
Errespuesta orain
Juan Joxe Udarregiyak.
Batek ainbat deretxo
Daukagu guk biyak;
Gure kolejiyuak
Sagardotegiyak

"Deu comezo Pello o Molinero; agora a resposta de Juan Jose Udarregi. Tanto dereito temos o un como o outro; os nosos colexios son as sidrerías."

Hoxe en día, a mazá segue moi viva en Usurbil, empapando de sabor de sidra a cultura vasca.

by

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>