Mikel Laboa

Atópase na praza Mikel Laboa. Nun tempo un tobogan ocupaba esta praza de diferentes niveis. Jose Luís Zumeta deseñou a súa urbanización e o tobogan cara ao ano 1975. A iniciativa do concello de Usurbil, a partir do 31 de maio de 2009 a praza leva o nome do coñecido cantante vasco.

Nun lado da praza atópase a placa dedicada a Laboa polo pobo. Trátase dunha placa artística de ferro en forma de guitarra realizada polo pintor e escultor usurbildarra Jose Luís Elexpe "Pelex", que foi colocada no seu lugar o día da homenaxe de 2009. Na mesma praza atopámonos coa obra de Juan Jose Aranguren.

Placa conmemorativa e escultura “Ikimilikiliklik”
Placa conmemorativa e escultura “Ikimilikiliklik”

O diálogo entre o mural de Zumeta e a praza en memoria de Mikel Laboa lévanos á relación entre a arte vasca e a canción vasca. A década dos 60 foi a do renacemento da cultura vasca, e a música non podía quedar fóra desa explosión. Aquela recuperación cultural da que Usurbil foi incentivo, impulsou o traballo en común entre distintos creadores de sectores moi diferentes da cultura vasca. Exemplos diso son a realización do logo do grupo musical Ez Dok Amairu, obra de Remigio Mendiburu, membro do grupo Gaur, e o mesmo nome do grupo destes cantantes e músicos, achega de Jorge Oteiza, impulsor do grupo Gaur.

Ez Dok Amairu creouse no outono de 1965. Baseándose na música vasca anterior, este grupo cultivou a nova música vasca. Foron anos fértiles e de gran creatividade. Tamén resulta innegable a moi produtiva carreira en solitario de moitos dos compoñentes de Ez Dok Amairu: Lourdes Iriondo, Xabier Lete, Benito Lertxundi, Mikel Laboa…

Mikel Laboa mantiña unha estreita relación con Usurbil. Por unha banda, a portada da maioría dos discos de Mikel Laboa son obra de Jose Luís Zumeta. Por outra banda, a colaboración ente Mikel Laboa e o escritor e músico usurbildarra Joxan Artze foi realmente frutífera. Artze, ademais de ser un dos fundadores e ideólogos do grupo Ez Dok Amairu, montou co grupo o espectáculo "Baga, Biga, Higa" e, unha vez que o grupo se separou, enfrascouse no espectáculo "Ikimilikiliklik" xunto con algúns compoñentes do grupo, entre eles o seu irmán Jesus, Mikel Laboa e Jose Mari Zabala. Artze revolucionou a poesía, levándoa ao tablado e fusionándoa con elementos creativos de vangarda. Así mesmo, Joxan Artze é o autor dalgunhas das cancións máis memorables de Mikel Laboa (Txoria txori, Ama hil zaigu, Zaude lasai, Geure bazterrak).

Mikel Laboa canta “Gure Bazterrak” con letra de Joxan Artze

by

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes utilizar estas etiquetas e atributos HTML : <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>